top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

4 OUROS MÁIS PARA O MEDALLEIRO GALEGO

Esta fin de semana Gijón e Granollers foron o epicentro do bádminton español onde os e as volantistas galegas voltaron a conseguir novos resultados abraiantes. Sen ir máis lonxe, os mesmos protagonistas que conquistaron cartaxena fai uns días, voltaron as pistas para deixar o bádminton galego por todo o alto.


Nikol Carulla e Rodrigo Sanjurjo acaparan o protagonismo con tres ouros en Gijón

Nikol Carulla, conseguía dous ouros, nas modalidades de dobres femininos e individual feminino sub23, que sumados aos 3 conseguidos na categoría sub19 facían un total de 5 títulos de Campiona de España en seis modalidades disputadas, unha auténtica barbaridade.


Rodrigo Sanjurjo, do CB As Pontes, lograba un novo ouro xunto a Marc Cardona, convertíndose no novo Campión de España Sub23 de dobres masculinos, logrando así unha nova proeza que demostra o gran nivel de forma no que se atopa.


En individual masculino, Gabriel Fernández e Antonio Iglesias facian un gran papel conseguindo dous quintos postos e plantando cara aos xogadores de máis alto nivel do torneo.


As Coruñesas Sara del Castillo e Inés Poncela novas Campionas de España de dobres feminino sub15

O último OURO, chegaría de mans das rapazas do Club del Mar, Inés Poncela e Sara del Castillo conseguían subir ao primero posto do podium do dobres feminino sumándo o cuarto ouro, nesta ocasión na categoría sub15 en Granollers.


Darío Míguez, do CB A Estrada, conseguía un bronce na modalidade de dobres masculinos xunto a Hugo Sanz. Ambos caerían en semifinais fronte os gañadores do torneo. En dobres mixtos, os nevenses Carlos Segovia e Marta Álvarez estiveron moi preto de lograr o pase a finalísima pero nesta ocasión a moeda caería a favor da parella que finalmente gañaría o campionato.


Queremos mandar a nosa máis sinceira noraboa a todas estas xeracións de volantistas que fan que cada día o bádminton galego se supere aínda máis! Imos Galicia! 🔥




6 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page