top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

A CANTEIRA DO BÁDMINTON GALEGO DISPUTA O YONEX BELGIAN JÚNIOR

Os integrantes do Centro Galego de Tecnificación Deportiva 🏅, viaxaron acompañados polo técnico Manuel Brea ata Herstal, Bélxica 🇧🇪 para disputar unha nova edición do Yonex Belgian Júnior 🏸.


En individual masculino, Raúl Bergua (CB Ravachol) 🏸, novo integrante do Centro de Alto Rendemento de Madrid, alcanzou a ronda de cuartos de final tras superar dous partidos previos con solvencia 💪.


Xoel Álvarez (CB Athlos), Iker Rodríguez (CB As Neves), Adrián Rodríguez (CB As Neves) e Pablo Alfaya (CER Vigo) caerían nesta modalidade nas rondas previas, plantando cara a rivais de alto nivel. O mesmo camiño seguiría a xogadora pontevedresa Carmen Carro en individual feminino, caendo en segunda ronda tras gañar o primeiro partido nun encontro de gran emoción 🎉.


En dobres masculinos, as parellas formadas por Iker Rodríguez con Pablo Alfaya e Adrián Rodríguez con Xoél Álvarez mostraron un gran nivel disputando partidos de alta intensidade e deixandoo todo na pista a pesar de caer nas primeiras rondas.


En dobres femininos, Carmen Carro formou parella coa xogadora suiza Laura Vègh, cederían no primeiro partido fronte as cabezas de serie número 3, nun primeiro set onde plantarían cara as alemanas. Finalmente, en dobres mixtos, Carmen Carro e Adrián Rodríguez non lograban avanzar de ronda tras disputar o primeiro encontro.


Dende a Federación enviamos moitos ánimos 💪 e unha pronta recuperación á xogadora estradense Iziar Barcala que non acudiu ao torneo por mor dunha lesión 🤕.


Noraboa a todos e a todas 🎊! A seguir adestrando duro que chegan datas importantes 🔥!






7 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page