top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

A Federación Galega de Bádminton organiza actividades no marco do Plan Corresponsables

Actualizado: 18 sept

A Federación Galega de Bádminton organiza actividades no marco do Plan Corresponsables: novos grupos abertos para matrícula en setembro!

A Federación Galega de Bádminton ten o pracer de anunciar a posta en marcha dunha serie de actividades deportivas no marco do Plan Corresponsables, que se desenvolven desde o 15 de xullo ata o 15 de novembro de 2024. Este ambicioso programa está deseñado para promover a práctica do badminton entre os mozos de Galicia, co obxectivo de fomentar un estilo de vida activo e saudable.


A partir de setembro, a Federación Galega de Badminton abre novos grupos e a matrícula está aberta a inscrición, brindando aos interesados a oportunidade de unirse a esta emocionante iniciativa. As actividades están orientadas a diferentes idades e niveis de habilidade, garantindo que todos, desde principiantes ata xogadores avanzados, poidan atopar un espazo adecuado para o seu desenvolvemento deportivo.




 

Un programa integral para todos

O Plan Corresponsables céntrase en ofrecer oportunidades accesibles para que as mozas e mozos podan participar en actividades deportivas regulares. Neste contexto, a Federación Galega de Bádminton ten deseñado un programa integral que busca: 


1. Fomentar a práctica do bádminton entre a poboación galega en idade escolar (6-16 anos) promovendo hábitos de vida saudables e a integración social.

2. Crear espazos de encontro e aprendizaxe onde os participantes poidan desenvolver as súas habilidades deportivas e persoais, fomentando valores como o respecto, a cooperación e a igualdade.

3. Facilitar a conciliación familiar e laboral, proporcionando actividades deportivas que poidan ser desfrutadas polos menores en horario non lectivo e adaptadas a diferentes horarios e necesidades.

4. Garantir a igualdade de oportunidades no acceso á práctica deportiva, eliminando barreiras económicas e sociais que poidan impedir a participación de certos grupos.

 

Novas oportunidades en setembro

A partir do mes de setembro, a Federación abrirá novos grupos para os interesados en unirse ao programa. As inscricións están agora abertas e anímase a todos os e as xóvenes a aproveitar esta oportunidade para inscribirse e formar parte desta experiencia enriquecedora. O bádminton é unha disciplina que pode ser practicada por todo tipo de persona con independencia das súas características ou experiencias previas. Ofértanse actividades en dez municipios de Galicia, os detalles da matrícula, incluíndo datas, horarios e requisitos, pódense consultar na páxina web do Plan Corresponsables.  


Os grupos ofertados organízanse en dous tipos de actividades, as orientadas a iniciación baixo o lema Descubre o Bádminton: Xoga, Aprende, Disfruta!, estas sesións serán formuladas de xeito lúdico e de dificultade progresiva para que supoñan reto e motivación para os participantes, e as actividades de perfeccionamento baixo o título Bádminton tecnificación: Mellora o teu xogo!, para as que se recomenda ter practicado bádminton previamente e coñecer os agarres, golpes e desprazamentos básicos.

 

Compromiso coa comunidade

A Federación Galega de Badminton reafirma o seu compromiso coa comunidade mediante a implementación deste programa, que busca non só promover o deporte, senón tamén apoiar ás familias na creación de hábitos saudables e na xestión do tempo libre de maneira construtiva. 


Estas actividades son gratuitas grazas a financiación da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en desenvolvemento do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade. 

 

Como inscribirse

Para máis información sobre como inscribirse nos novos grupos, as persoas interesadas poden visitar o sitio web do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia ou poñerse en contacto directamente cos clubs galegos organizadores das actividades ou coa Federación Galega de Bádminton. A continuación podes atopar a información detallada sobre as actividades por municipios: 


A Coruña (actividades de iniciación):

Contacto do Club del Mar de San Amaro: badminton@clubdelmardesanamaro.com / 609227373

 

A Estrada (actividades de iniciación e perfeccionamento):

Contacto do CB Ravachol Pontevedra: cbpontevedra@gmail.com / 622451589

 

As Pontes de García Rodríguez (actividades de iniciación):

Contacto do CB As Pontes: rsanjurjo@smasuncion.es / 630432524

 

Curtis (actividades de iniciación):

Contacto do CD Hydra: cdhydra@gmail.com / 691523135

 

Pontevedra (actividades de iniciación):

Contacto do CB Ravachol Pontevedra: cbpontevedra@gmail.com / 622451589

 

Santiago de Compostela (actividades de iniciación e perfeccionamento):

Contacto do CB As Pontes: rsanjurjo@smasuncion.es / 630432524

 

Ourense (actividades de iniciación):

Contacto do CP Athlos: clubpolideportivoathlos@gmail.com / 652834033


Viveiro (actividades de iniciación):

Contacto de Roq Deporte e Aventura: info@roqsport.com / 646 51 46 02


Xove (actividades de iniciación):

Contacto de Roq Deporte e Aventura: info@roqsport.com / 646 51 46 02


6 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page