A xogadora ourensá Ana Novoa acadou unha meritoria medalla de bronce na modalidade de individual feminino no Máster Absoluto celebrado en Huelva a pasada fin de semana. Novoa mostrou un gran nivel de xogo ao longo do torneo, competindo contra algunhas das mellores raquetas do panorama nacional e logrando subir ao podio nun evento de máxima esixencia.
Dende a Federación Galega de Bádminton queremos felicitar a Ana polo seu éxito 🏆, así como a todos os deportistas galegos que se desprazaron ata Huelva para disputar un torneo de altísimo nivel. Todos eles deixaron unha gran imaxe e demostraron o talento e esforzo do noso bádminton 💪🏽.
A seguir loitando e sumando éxitos! Forza, Galicia! 🔥

留言