top of page
Buscar

BRAZIL PARABÁDMINTON INTERNATIONAL 2023

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 20 abr 2023
  • 1 Min. de lectura

Ignacio Fernández volve a facernos vibrar cun quinto posto no internacional de parabádminton disputado en Sao Paulo (Brasil) do 10 ao 16 de abril. O xogador ourensán, xunto a súa compañeira Henriett Koosz, metéronse nos cuartos de final na categoría de dobres mixtos WH1-WH2. Ronda que non poideron superar tras un partido moi complicado fronte unha parella coreana. Por outra banda, nas modalidades de dobres masculinos WH1-WH2, xunto con Francisco Montero, e en individual WH-2, Nacho caería nas primeiras rondas tras superar a fase de grupos.


Noraboa polo gran traballo realizado e a seguir traballando duro! IMOS!




 
 
 

Comentarios


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png

Financiado pola Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte, a través do Convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025

bottom of page