top of page
Buscar

CAMPIÓNS DE ESPAÑA!

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton

Actualizado: 21 nov 2021

A selección galega de bádminton firma unha actuación brillante no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.



Entre os días 30 de novembro e 3 de outubro, tivo lugar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Nas categorías sub-15 e sub-17 os dous equipos demostraron o alto nivel da comunidade galega nesta disciplina.




Sub-15


Os máis cativos estiveron moi firmes durante toda a competición, pero a forte selección balear foi quen de derrotar aos nosos nunha final que gañarían os isleños por 4 a 1. De todas maneiras, queremos felicitar dende a Federación Galega de bádminton, as nosas e nosos volantistas que demostran que veñen pisando forte e que a canteira galega promete.


Sub-17


O gran triunfo do fin de semana, foi o dos cadete, que lograron proclamarse campións de España. Durante todo o campionato mostráronse moi sólidos e sempre formando equipo e apoiándose entre todos e todas. Este ouro confirma unha vez máis o nivel e a gran evolución que están mostrando os deportistas galegos e o gran traballo que se está a realizar nos clubes e tamén no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.






5 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page