Unha nova edición de récord do Campionato de España "Se Busca Campeón" tivo lugar en Oviedo a pasada fin de semana. Numerosos volantistas d anosa comunidade desprazáronse ata o Corredoría Arena para deixalo todo na pista.
Os resultados foron novamente abraiantes, Galicia conquista un total de 7 medallas nunha edición onde participaron máis de 150 deportistas de toda España.
MAIA FREIRE E XULIA OTERO CORÓNANSE COMO NOVAS CAMPIONAS DE ESPAÑA EN DOBRES FEMININO
Maia Freire, do Club do Mar, xunto a Xulia Otero, do CB As Neves, son as novas CAMPIONAS DE ESPAÑA na modalidade de dobres feminino tras unha actuación impecable onde non cederon nin un solo set en todo o torneo.
Ademáis, por separado, lograron medallas nas tres modalidades nas que participaron. Xulia proclamouse SubCAMPIONA na modalidade de individual feminino, modalidade na que Maia acadaría a medalla de bronce. Xa en dobres mixtos, Maia (xunto a Magno Salas) lograba unha medalla de prata e Xulia e Xoel Álvarez do CB As Neves lograban o bronce.
Voltando ao dobres feminino, Mariña García e Alexia Pérez do CB Tui alcanzaron as semifinais voltando para Galicia cunha medalla de bronce colgada ao pescozo. En dobres masculino, Xoel Álvarez e Antón González do CB Athlos daban a sorpresa chegando a conseguir un posto nas semifinais que lles daría a medalla de bronce.
Noraboa a todos e a todas! A seguir loitando e adestrando duro! Imos Galicia!💙
@rafabad8 @badmintonspain @cbasneves @cbathlos @escolarosalia @iago_roel_ @clubdelmardesanamaro @manubrf97 @cbaestrada @badmintontui @xuntadegalicia @deporte.galego @rubenespinosacaridad
תגובות