top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

catro bronces no máster absoluto de valencia

Fin de semana intenso para os xogadores e xogadoras pertencentes a categoría absoluta que viaxaron ata Valencia para disputar un Máster N3. Os resultados finais foron gratificantes para os galegos, que conseguían sumar 4 novos bronces, todos eles en modalidades de dobres.


Os dous primeiros chegaban na modalidade de dobres masculinos de mans de Gabriel Fernández e Antonio Iglesias, que se metían nas semifinais pero non lograban superalas, e de Rodrigo Sanjurjo xunto a Adolfo López, que compartirían peldaño no podium coa anterior parella.


A súa vez, Rodrigo Sanjurjo xunto a súa compañeira de clube Nikol Carulla, lograban o terceiro bronce na modalidade de dobres mixtos. Resultado que igualaría Nikol en dobres femininos formando parella con Beatriz Corrales.


Bo papel o realizado por Sara Galicia, Ana Nóvoa, Basilio Porto e Alejandro Rivadulla!


Parabéns a todos e a todas! 🔥🏸





18 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page