top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

CRECENTE ACOLLE CON ÉXITO AS MELLORES RAQUETAS DE GALICIA

🎉🏸 O sábado pasado, Crecente foi o escenario dun novo torneo de bádminton para as categorías Sub 11, Sub 15 e Sub 19, contando co Escola Rosalía como anfitrión. Os volantistas amosaron un nivel incrible en todas as modalidades, enchendo o polideportivo de enerxía e entusiasmo cun gran ambiente e organización. 👏🏼✨


🕖 Os partidos comezaron a primeiras horas da mañá e prolongáronse ata ben entrada a tarde, incrementando cada vez máis o nivel a medida que avanzaban as roldas. ⏳ Os deportistas brindáronnos partidos de moi alto nivel e demostraron o gran talento que temos na nosa comunidade. 🏅💪🏼


🏆 Finalmente, realizouse a entrega de medallas, culminando a xornada cunha bonita foto de familia. 📸 Deixámosvos todas as imaxes do evento na nosa páxina web. Parabéns a todos e a todas e vémonos na próxima! 🎊👏🏼




99 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page