top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Dezaoito medallas en Campionatos de España para o bádminton galego🥇

Actualizado: 30 nov 2021

Tras os éxitos obtidos, o comunidade galega sitúase no alto do medalleiro español

a falta do Campionato de España Sub13




A pasada fin de semana, tiveron lugar tres Campionatos de España. Simultáneamente disputáronse os torneos das categorías Sub11, Sub15 e Sub19. Os xogadores menores de once anos e os Sub19, trasladáronse ata Oviedo, mentres que, os Sub15 xogaron na casa. Máis concretamente no Concello de Ponteareas.


En primeiro lugar, ímonos ata Oviedo, onde se sacaron 15 das 18 medallas, destacamos na categoría dos máis pequenos a Maia Freire, xogadora do “Club del Mar de San Amaro” , que foi quen de gañar nas categorías de individual feminino e dobles feminino, xunto con Xulia Otero (As Neves). As dúas xogadoras protagonizaron unha final galega na modalidade de individual, na que Maia acabaría por proclamarse campiona de España. Por se non fóse suficiente, ambas volantistas subiríanse ao terceiro peldaño do podium en dobles mixtos, xunto cos seus respectivos compañeiros Xoel Álvarez e Iago Álvarez, ambos do Club Bádminton As Neves. Iago, a súa vez, conseguiría a medalla de bronce na modalidade de individual masculino. Por último, Mariña García e Alexia Pérez do Club Bádminton Tui, levaríanse a medalla de bronce en dobles feminino e o mesmo farían Xoán Balboa e Brais Cambra do Club Bádminton As Neves, en dobles masculino.


Os maiores da competición, os Sub19, conseguiron moi bos resultados, destacando a Ania Setién (CB As Neves) e a Jacobo Fernández (CB Cíes) que se proclamaron dobles campións de España e deixando a Galicia por todo o alto. Desta maneira, Jacobo sumaría os títulos de Campión de España de individual e dobles masculino a o seu largo palmarés, e o mesmo faría Ania Setién, compartindo coa súa compañeira Lucía Rodríguez (CB As Neves)

o primeiro posto do dobles feminino. Lucía, a súa vez, levaríase a medalla de prata en individual feminino, sumando así duas novas medallas. Javier Álava e Rodrigo Sanjurjo, do Athlos e CB A Estrada respectivamente, colgaríanse a prata de dobles masculino aumentando así o medalleiro galego. Este último, formado parella coa estradense Nikol Carulla, volverían a casa con outra medalla a súas costas, unha prata en dobles mixtos.


Os sub15 deron o callo en Ponteareas, onde as xogadoras coruñesas Paula Noya e Alba Prada compartirían o terceiro posto xunto con Iziar Barcala na modalidade de dobles feminino. Chegaría tamén un bronce para Alba en individual feminino que cumpliría con creces as expectativas para esta competición.


A espera do que fagan os e as volantistas Sub13, Galicia sitúase no primeiro posto en canto a medallas en Campionatos Nacionais, superando a todas as comunidades autónomas e demostrando, unha vez máis, o bo traballo que se está a realizar. Dende a Federación Galega a alegría é máxima e felicitamos a todo o equipo de adestradores e adestradoras da comunidade que están a realizar un gran esforzo e dedicándolle horas e horas a melloría dos nosos. En especial, a Rafael Vázquez, adestrador principal no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, a todo o seu equipo e ao presidente da Federación, Rodrigo Sanjurjo Pose.



3 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page