Nova edición das charlas dedicadas a pais e nais do programa Se Busca Campión e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva que terá lugar o vindeiro venres 29 de setembro as 19:00 horas na sala 2 do CGTD.
Para levar a cabo esta iniciativa contamos coa axuda dun especialista no mundo da psicoloxía deportiva, Iago Roel guiarános nesta nova experiencia e tocará os puntos débiles nos que incidir.
Esperamos que estas sesións vos sexan de grande utilidade e sexa un punto máis no que traballar e mellorar de cara ao futuro! Imos!🔥🏸
Comentarios