top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

FIN DE SEMANA CHEO DE BÁDMINTON

Novo fin de semana no que o bádminton galego percorre España en busca de éxitos:

Comenzamos na competición de carácter local que tivo lugar en A Coruña, máis concretamente o GALICIA MÁSTER N6 SUB15 E SUB19 (click aquí p

ara acceder á lista de vencedores) no que os postos máis altos estiveron moi disputados con partidos de alto nivel. Noraboa a todos os premiados especialmente, a todos os participantes, ao equipo arbitral e ao clube anfitrión que foi o Club del Mar.




  • Desprazámonos agora ata Alfajarín, onde se disputou o Máster Sub13-Sub17 Alfajarín N4 (click aquí para acceder á lista de vencedores) onde Beatriz López e Gael Rodríguez do CB Athlos lograron o bronce en dobres mixtos sub17. Boa actuación dos participantes galegos que conseguiron ademáis numerosos quintos postos, quedando en diversas ocasións as portas do podio. Noraboa a todos e a todas!




  • Por último, viaxamos ata Granollers (click aquí para acceder á lista de vencedores) onde os resultados foron fantásticos. Nikol Carulla conseguiría o ouro en individual feminino e o bronce xunto a Rodrigo Sanjurjo en dobres mixtos, ambos pertencentes ao CB As Pontes. Antonio Iglesias (CB Athlos) quedaría as portas de disputar a final de individual masculino, logrando acadar as semifinais do torneo. O mesmo farían Javier Álava e Rodrigo Sanjurjo (CB Athlos e CB As Pontes) en dobres masculinos, onde cederon nun partido de semifinais de altísimo nivel que se decidiría pola mínima para os seus contrincantes. Noraboa a todos e a todas!












2 visualizaciones0 comentarios

Comentários


bottom of page