top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA CADETE

🏸CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS🏸


A selección galega cadete volve a facer historia proclamando á nosa comunidade como a mellor de España nesta categoría. 🏆


Tras comenzar con bó pé na fase de grupos, pasando invictos á fase final do cadro, atoparíanse coas seleccións de Cataluña, Andalucía e Baleares as que doblegarían por 4-0, 4-1 e 4-0 respectivamente pechando unha actuación abraiante durante todo o torneo. ⚡️


Os nosos foron todo un exemplo de equipo, tanto dentro como fora da pista, formando un grupo moi unido e creando un gran ambiente que se trasladaría ao terreo de xogo en forma de confianza. 👏


A SELECCIÓN INFANTIL LOGROU A MEDALLA DE BRONCE🥉


Gran actuación tamén dos nosos infantís que alcanzaron o terceiro posto na competición cunha nova xeración de xogadores e xogadoras que volverán a contar cunha nova oportunidade de mellorar este resultado o vindeiro ano. Na fase de grupos, Galicia logrou a clasificación para o cadro final vencendo as seleccións de Madrid, Navarra e Valencia con marcadores moi axustados, 4-3 a favor nos tres encontros. 🍀


Aragón foi o noso rival nos cuartos de final, contra os que conseguimos unha victoria por 4-2 que nos clasificaba para as semifinais fronte a Cataluña. Un marcador de 1-4 en contra facía que os nosos volantistas tiveran que enfrontarse a Castilla y León pola medalla de bronce. Finalmente, Galicia lograba volver de novo ao podio despois de superar por 4-2 a Castilla y León. 💪🏻


NOVO FORMATO DA MODALIDADE INCLUSIVA


Na modalidade inclusiva, que adoptaba un novo formato, os galegos non lograron o pase ao cadro principal, pasando desta forma a loitar pola oitava praza. Finalmente, tras caer por 2-0 fronte a Canarias, a nosa selección se consagraría como novena clasificada.


Solo podemos dar as grazas a todos e a todas as que formades parte desta gran familia e polos que aportades o voso gran de area para que o bádminton galego siga evolucionando. Especialmente queremos agradecer ao noso Presidente, Rodrigo Sanjurjo Pose, aos seleccionadores Rafael Vázquez, Rubén Espinosa, Manuel Brea, Jesús Pereiro e Sara Galicia e a todos os pais, nais, xogadores, adestradores e adestradoras dos clubes e membros da federación galega, seguidores e institucións. 🔥


NORABOA A TODOS E A TODAS! ULTRA-GALICIA💙





66 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page