top of page
Buscar

🏸 Gran papel de prata e bronce para o noso bádminton no cesa! 🥈🥉

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 23 jun
  • 2 Min. de lectura

O Campionato de España de Seleccións Autonómicas pechou esta edición cun balance máis que positivo para Galicia, que regresa a casa cunha medalla de prata na categoría infantil e un bronce na categoría cadete, consolidando o excelente nivel das nosas promesas.


🧒🏼 INFANTÍS: UNHA PRATA DE MOITO MÉRITO

O equipo infantil asinou unha competición brillante dende o primeiro día. Clasificáronse para a fase final con vitorias sólidas no seu grupo, e deixaron moi boas sensacións durante toda a súa participación.


Nos cuartos de final, Galicia impúxose con autoridade a Baleares (4-0), e nas semifinais volveron repetir resultado fronte a Castela e León (4-0), cun auténtico recital colectivo que lles deu o pase á gran final.


Na finalísima, tocaba medirse a Andalucía, nun encontro de altísimo nivel, que estivo cheo de emoción e alternancia no marcador. Galicia loitou ata o final, pero finalmente o triunfo escapou por un axustado 3-4. Un auténtico partidazo digno dunha final nacional, no que os nosos xogadores demostraron garra, talento e compañeirismo.


🧑🏽‍🦱 CADETES: LOITA, SUPERACIÓN E UN BRONCE MERECIDO

Na categoría cadete, Galicia tamén brillou con luz propia. Enfrontáronse a Madrid nos cuartos de final, nun cruce moi igualado que rematou cun emocionante 4-3 ao noso favor.

Nas semifinais, tocaba medirse a Cataluña, e de novo o marcador foi axustado: 3-4, esta vez en contra, deixándonos ás portas da final.


Mais o equipo soubo recompoñerse e na loita polo terceiro posto impúxose a Asturias por 4-2, garantindo así unha medalla de bronce que sabe a gloria e recoñece o gran traballo feito durante toda a competición.


🙌🏼 NORABOA EQUIPO!

Noraboa a todos os xogadores e xogadoras, así como ao staff técnico e adestradores polo compromiso, a paixón e o excelente traballo realizado. Galicia continúa a medrar como potencia no bádminton nacional, demostrando que o talento e a ilusión están ben presentes na nosa canteira.


🏆 Para o ano, máis... e mellor!




 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page