top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

PERÚ INTERNATIONAL SERIES E II CAMPEONATO IBEROAMERICANO

Os xogadores galegos Lucía Rodríguez e Jacobo Fernández iniciaron a súa xira en Perú cun International Series onde ambos farían unha gran actuación. Lucía Rodríguez lograba a primeira medalla xunto a Paula López en dobres femininos proclamándose CAMPIONA do torneo. Ademáis, Jacobo e Álvaro Leal caerían na finalísima en dobres masculino fronte aos seus compatriotas Rubén García e Carlos Piris levándose a medalla de prata.


Na modalidade de dobres mixtos, os volantistas disputarían unha final de ensoño onde participarían dous integrantes da nosa comunidade, o que aseguraba xa dous metais. Finalmente, o triunfo foi para o vigués Jacobo e a súa compañeira Paula López fronte a parella formada por Lucía e Rubén García. Jacobo e Paula proclamábanse así Campións do torneo de dobres mixtos.


Por outra banda, tivo lugar o II Campionato Iberoamericano onde dous ouros e duas pratas foron as cifras dun torneo espectacular realizado por Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez en Lima. Os xogadores do CB Cíes e do CB As Neves respectivamente, foron os claros protagonistas do II Campeonato Iberoamericano logrando os postos máis altos do podium en cada categoría na que participaron, sen dar prácticamente opción aos seus rivais.


Na modalidade de dobres mixtos, o guión foi moi similar ao Perú International Series, Jacobo e Paula dominaron ata a final, destacando a retirada nas semis de Lucía e Rubén por mor dunha lesión. Sumában así un novo OURO que demostra o gran nivel ao que está a xogar esta parella.


En dobres masculinos, Jacobo Fernández voltaba a ser protagonista levándose a prata xunto a Álvaro Leal nunha final española onde caerían novamente fronte aos seus compatriotas. Jacobo pechaba así un fantástico día na oficina cun OURO e unha PRATA que saben a gloria total.


Ademáis, Lucía Rodríguez non quedou atrás e, en dobres femininos con Paula López lograba a VICTORIA facendo así que dous dos cinco títulos Iberoamericanos fosen para xogadores galegos.


Simplemente ES-PEC-TA-CU-LAR! Noraboa por estos grandes éxitos e sorte para as vindeiras citas!🍀🔥


12 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page