top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Jacobo Fernández e Lucía rodríguez seguen rompendo records

O Madrid España Masters 2024 por IBERDROLA tivo lugar a pasada semana e acolleu numerosos xogadores e xogadoras de talla mundial. Entre a representación española atopábanse a nevense Lucía Rodríguez e o vigués Jacobo Fernández que regresaba as pistas tras unha tempada lastrada polas lesións.


Jacobo, xunto a Paula López, comenzarían na ronda previa de clasificación que lograron superar e clasificar ao cadro final. Na ronda de dezaseisavos os españois superaban á parella alemana por 21-13 na terceira manga e clasificábanse así para os oitavos. A parella francesa número 2 formada por Thom Gicquel e Delfina Delrue superaba a a dupla española por 21-9 e 21-15 e en dobles masculinos xunto a Daniel Franco non alcanzaría a fase final do cadro. Facendo unha valoración final, cerran un torneo cunha actuación espectacular alcanzando os oitavos de final dun HSBC BWF World Tour Súper 300.


Por outra banda, Lucía Rodríguez que formaba parella coa mesma Paula López, e con Rubén García en dobres mixtos, alcanzaría a ronda de oitavos de final en ambas modalidades. Un resultado tamén espectacular tendo en conta a categoría e o prestixio do torneo.


Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla caerían nas rondas previas fronte a unha parella moi forte de China Taipei.


Noraboa a todos e a todas, o bádminton galego segue mellorando resultados e alcanzando obxectivos cada vez máis ambiciosos! 🔥💪🏻





20 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page