Lucía rodríguez, Historia do bádminton galego e nacional
- Federación Gallega de Badminton
- 18 mar 2024
- 1 Min. de lectura
Lucía Rodríguez segue a facer historia tanto no ámbito nacional como no panorama galego. A xogadora nevense viaxou ata Francia para disputar o Orleans Masters, torneo categorizado como HSBC BWF WORLD TOUR SUPER 300.
Esta foi a primeira vez na historia do bádminton español que unha parella de dobles alcanza os cuartos de final nunha competición desta categoría. A dupla formada por Lucía e Paula López foi quen de derrotar a parellas de altísimo nivel e cedendo ante a parella número 24 do ranking mundial.
So temos mensaxes de noraboa para Lucía e agradecer a todas as persoas que facendes posible continuar facendo historia neste deporte!

コメント