top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Máster n3 - Sub 15 y Sub 19 - Granollers

Iziar Barcala foi a gran protagonista do fin de semana en Granollers, onde se disputou o Máster N3 Sub15 e Sub19. A xogadora estradense conseguiu nada máis e nada menos que un doblete de OURO na categoría sub19 en individual feminino e en dobles feminino xunto a Carmen Carro.


Esta última, caería en semifinais do torneo fronte a gañadora quedándose as portas da final pero logrando un gran resultado como é a medalla de bronce en individual feminino.


Tamén nesta categoría, Alejandro Barcala e Rubén Comerón do Cb A Estrada, conquistaban a medalla de bronce en dobres masculinos realizando unha gran actuación.


Darío Míguez, do CB A Estrada, lograría tamén subirse ao máis alto do caixón en dobres masculino sub15 convertíndose en Campión do torneo nesa modalidade.


Por último, Paula Casas sería a terceira clasificada tanto en individual coma en dobres femininos sub15 coa sua compañeira Lucía Cid, ambas do CB Athlos.


Noraboa a todos e a todas polo gran torneo e a seguir adestrando duro!🔥



31 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page