top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

🏸 MÁSTER NACIONAL CIDADE DE A CORUÑA🏸

Gran xornada para o bádminton galego, que volve a despuntar no ámbito nacional no Máster disputado na Cidade de A Coruña a pasada fin de semana. Volantistas de toda España🇪🇸 acudiron a esta importante cita para as futuras promesas do bádminton español. Gustaríanos felicitar ao @clubdelmar pola fantástica organización e tamén ao comité arbitral pola boa labor que levaron a cabo.

Comenzando polos máis cativos, as medallas non tardaron en chegar. Xulia Otero (CB As Neves) e Inés Poncela (Club del mar) compartiron o primeiro peldaño do podium que lles otorgaba a medalla de bronce🥉 en individual feminino. En dobles masculinos, a historia sería similar, a parella formada por Adrián Seijo e David Casas do CB Athlos, compartiría a terceira posición🥉 xunto con Iago Álvarez e Xoel Álvarez do CB As Neves.


O podium do dobres feminino foi galego case na súa totalidade. Sara Sanjurjo (CB A Estrada)xunto con Belén Soto (CB Oviedo) foron as gañadoras🥇 desta modalidade. No segundo posto encontránse Marta Álvarez (C.E.R. Vigo) e Sara Muñoz (Burgos)🥈. O terceiro e cuarto posto 🥉foron ocupados por duas parellas galegas, Mariña García e Alexia Pérez (Tui) e Maia Freire e Xulia Otero (Club del Mar e CB As Neves).


Por último, podemos dicir que a comunidade galega dominou a categoría de dobre mixtos. David Dominguez e Sara Sanjurjo, do CB A Estrada, dominaron en todo momento e non cederon un só set, conseguindo o ouro🥇, Martín Gándara e Mariña García, do CB Tui, obtiveron o segundo posto🥈e Álvaro Gómez e Sara Alfaya do C.E.R. Vigo, conseguiron a medalla de bronce🥉.


Na categoría sub17, Ana Nóvoa do CB Athlos, conseguiu a prata🥈 na modalidade de individual feminino. Gran actuación en dobles femenino de Alba Prada e Paula Noya (Club del Mar) que conseguirían imporse, nunha final de infarto, conseguindo a medalla de ouro🥇. A medalla de bronce🥉 sería

para Andrea Pérez e Laura Seijo (Cb Tui e CB Athlos). Alejandro Barcala e Rubén Comerón do CB A Estrada, levaron o bronce🥉 na modalidade de dobres masculinos. Por último, Laura Seijo a Hugo Castro do CB Athlos foron bronce🥉 en dobres mixtos.







20 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page