top of page
Buscar

MANUEL GARCÍA ROSENDO MEDALLA DE BRONCE EN INDONESIA

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 21 sept 2024
  • 1 Min. de lectura

A selección española de parabádminton viaxou ata Indonesia ✈️🇮🇩 para disputar o Indonesia Parabádminton International 🏸🌍. Formando parte do equipo nacional 🇪🇸, o ourensán Manuel García Rosendo 🏅 puxo o acento galego na competición na que firmaría un papel abraiante 🤩👏.


Xunto a súa parella de dobres SU5, Pablo Serrano 🤝, lograrían meterse nas semifinais 🏆 dun torneo con gran prestixio internacional 🌟 e cun nivel de xogo moi elevado 🚀💪. O tándem español caería nas semifinais ante Hardik Makkar e Ruthick Ragupathi 🇮🇳, concluíndo cun resultado de 21-12 y 21-18 para os indios.


Dende a Federación Galega de Bádminton 🏸 queremos enviar a Manuel as nosas máis sinceiras felicitacións 🎉🙌 e queremos seguir apoiando o parabádminton 🏅 e evolucionando no seu desenvolvemento 📈! Noraboa! 🎊👏


ree
ree
ree

 
 
 

Comentarios


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png

Financiado pola Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte, a través do Convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025

bottom of page