Gran fin de semana para o bádminton galego 🏸 na máxima categoría do bádminton español 🇪🇸 que conseguía un pleno de victorias coa victoria do equipo pontevedrés por 4-3 🥳 no Príncipe Felipe que pechaba a primeira xornada da liga 🏆.
Con novas incorporacións e algunha que outra baixa, o CB Ravachol respondeu ante a súa afición 👏 e co estreo oficial do seu propio himno 🎶 que resoou nas instalacións. O encontro fronte ao Puertas Padilla Cartagena comezaba de forma favorable para os "rossoneri" con duas victorias en dobres mixtos e en dobres femininos 💪. Lucía Rodríguez e Gabriel Fernández, duas das pezas clave do equipo 🔑, uníanse nun mixtos que servía adiante cun 11-9 11-8 11-4 a favor ✅. A continuación, voltaba a ser Lucía, xunto coa inglesa Lisa Curtin, as que aportaban o segundo punto ao marcador para poñerse 2-0 arriba 🔝.
Non correrían tanta sorte nos dous seguintes encontros, onde os cartaxineses lograban empatar o marcador coas victorias de Harry Huang / Alejandro Alcalá fronte a Gabriel Fernández e Marco Fernández (5-11 9-11 9-11) 😟, e Frederikke Ostergaard fronte a Ana Carbón (3-11 3-11 4-11) ❌.
Chegados á parte final, os pontevedreses sentenciaban o encontro con duas victorias consecutivas por parte de Leo Van Gysel e Lisa Curtin que mostraron unha grande efectividade 💥. Marco Fernández non era quen de gañar o seu partido quedando así un marcador de 4-3 a favor do CB Ravachol 🎉.
Noraboa equipo! Este é o camiño! Seguimos! 💪🎯
תגובות