top of page
Buscar

OS EQUIPOS GALEGOS ARRANCAN CON BO PÉ A LIGA NACIONAL

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 29 ene 2024
  • 1 Min. de lectura

Fin de semana intenso para os catro equipos galegos que se desprazaron as diferentes localidades para disputar a primeira manga da Liga Nacional. A primeira ouro daba comezo en Ourense a cargo do CB Athlos cunha gran organización.


Os anfitrións colócanse na oitava posición tras unha cómoda vitoria fronte o CB Estella por 7-0 e dous apretados encontros que finalizaron con derrota para os de ourense. Por outra banda, o CB As Neves ascende a cuarta posición con dúas vitorias pola mínima fronte ao CDB Huelva e o Ibiza Bádminton Club e unha derrota na xornada do Domingo fronte ao CB Oviedo B.


En primeira bronce o Escola Rosalía Peixes Vimar e o Club del Mar de San Amaro desprazáronse ata Sevilla nunha fin de semana que resultaría fantástica para ambos.

Os vigueses farían pleno de victorias sumándo doce puntos e colocándose na segunda praza da táboa con vistas a seguir nos postos altos. Os coruñeses tiraron de canteira e conseguiron sacar o encontro fronte a Palencia por 6-1 tras duas axustadas derrotas e métense na sexta posición con moita liga aínda por diante.


Felicitacións a todos os equipos e a seguir deixándoo todo na pista!🔥🏸





 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page