Fin de semana de Liga Nacional e División de Honra para os 5 equipos de liga galegos presentes nas diferentes competicións.
Na máxima categoría o CB Ravachol perseguía un soño disputando as semifinais polo titulo fronte ao CB Rinconada. Un soño que remataría con 1-6 favorable aos andaluces pero con grandes sensacións para os pontevedreses que xa pensan na vindeira tempada.
En primeira ouro, o CB As Neves continúa como segundo clasificado e en postos de ascenso tras gañar 2 dos 3 encontros disputados.
Tres postos por debaixo encóntrase o CB Athlos, que logrou sacar un dos encontros da fin de semana para seguir en postos medios altos da clasificación.
En primeira bronce, os galegos deixaron unha actuación estelar. O Escola Rosalía conságrase como equipo de primeira prata logrando o ascenso a falta de unha xornada.
Por outra banda, o Club del Mar de San Amaro segue coa sua racha de 7 partidos invicto cun equipo íntegramente da casa. Sitúanse asi na terceira posición con opcións de ascenso por decidir na última xornada.
Noraboa a todos e moita sorte para a derradeira xornada! 🏸💪🏼🔥
Comments