Novo torneo de caracter autonómico realizado no complexo deportivo Álvaro Pino, que albergou participantes das categorías Sub13 e Sub17. O CB Ponteareas foi o clube anfitrión o cal, a pesar das altas temperaturas, fixo un gran traballo en canto a organización para que a competición podera seguir o seu curso con total normalidade. ✅
A xornada deixaríanos partidos de altísima intensidade e nivel en ambas categorías e nas cinco modalidades que se disputaron. Dende a Federación Galega de Bádminton felicitamos a todos e a todas as participantes e especialmente a todos aqueles que lograron subir ao podio. Noraboa! 💪🏻🔥
Deixámosvos algunhas das imaxes do torneo, consulta a nosa páxina web para ver máis! 📸
Kommentarer