top of page
Buscar
Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Prata e bronce para Álvaro Gómez en canovelles

O único representante galego na competición realizou unha gran actuación nas 2 modalidades nas que participou 💪. Así, en individual masculino caería, nun partido de infarto 💥 que fixo vibrar a grada 🙌, fronte ao arxonilleiro e último gañador do Master de Santander, Pedro Jesús Carmona 🏆. O encontro foi un toma e daca de principio a fin 🔄 con puntos de partido para ambos xogadores 🎯, pero que finalmente caería do lado andaluz por 27-25 no último xogo 🫣.


Na modalidade de dobres, esta vez cunha nova parella como o mallorquín Carlos Fernández 🤝, plantaríanse na final realizando unha moi boa competición 👏, pero que non puideron culminar ao caer na final fronte aos ruteños Lloreda - Pérez por 2 xogos a cero ❌.

A próxima cita este domingo co Campionato Galego Sub 17 na Coruña 📅🎯.





6 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page