O xogador do CB As Pontes saiu victorioso na modalidade de dobres masculinos, onde o nivel era moi elevado e, xunto co seu compañeiro Daniel Franco, conseguiron sobrepoñerse a todos os seus rivais.
Non contento con isto, o galego alcanzou as semifinais de individual masculino e final de mixtos xunto a Nikol Carulla (CB As Pontes), quen tamén tuvo unha moi boa actuación.
A galega sumouse a Rodrigo alcanzando as tres semifinais posibles conseguindo duas medallas de bronce en individual feminino e dobres feminino.
Mencionar e felicitar tamén a todos os galegos e galegas que participaron no torneo e loitaron por avanzar rondas, en especial a Ana Nóvoa (CB Athlos) que acadou os cuartos de final de IF quedando as portas dunha medalla internacional.
Grandes resultados para os nosos tras facer balance da competición. Voltamos con 5 medallas internacionais; 1 ouro, 1 plata e 3 bronces.
Noraboa a todos e a todas!
Comments