🏸SPANISH U15 U17 OPEN BENALMÁDENA🏸
- Federación Gallega de Badminton
- 6 feb 2023
- 1 Min. de lectura

A pasada fin de semana os nosos e as nosas xogadoras representáronnos no Internacional de Benalmádena que abarcou ás categorías sub15 e sub17.
Na categoría U15, Sara del Castillo (Club del Mar) foi a gran protagonista, subíndose ao podio nas tres modalidades disputadas. 🏆OURO en Individual feminino, 🏆OURO en dobres feminino coa sua compañeira de clube, Inés Poncela, e 🥈PRATA en dobres mixtos con Darío Míguez do CB A Estrada.

🥉Medallas de bronce para Darío Míguez en dobres masculino e Paula Casas e Lucía Cid do CB Athlos, en dobres feminino.
Na categoría U17, Alba Prada (convocada coa selección nacional) e Paula Noya, ambas do Club del Mar, foron quen de subir ao podio para recoller a medalla de bronce 🥉 en dobres feminino.
Noraboa! A todos os medallistas e tamén a todos os galegos e galegas que o deixaron todo no tapiz para conseguir unha victoria! 🏆🏸🍀👏🏻🔥
Comments