top of page
Buscar

TOP MÁSTER SAN LORENZO DEL ESCORIAL

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton

San Lorenzo del Escorial acolleu esta pasada fin de semana o Top Máster Sub15 e Sub19.


Sara del Castillo, Rodrigo Sanjurjo e Ana Nóvoa foron os volantistas galegos destacados do torneo pola gran actuación que realizaron nas suas respectivas categorías.


Na modalidade sub15, Sara del Castillo e Inés Poncela do Club del Mar serían as CAMPIONAS🏆 do torneo en dobles femininos. Paula Casas e Lucía Cid, do CB Athlos, subirían ao podio nesta mesma modalidade sumando unha medalla de bronce🥉


Sara del Castillo quedaría a un só paso de conseguir o doblete soñado pero levándose unha prata🥈 moi codiciada en individual feminino.


Na modalidade sub19, Rodrigo Sanjurjo do Cb As Pontes, sería o novo CAMPIÓN🏆 do torneo en individual masculino despois dunha actuación estelar e de partidos moi disputados. Entre eles, a semifinal contra o nevense Basilio Porto, que añadía así un bronce máis ao medalleiro galego.


Ana Nóvoa faría o mesmo na sua categoría, a ourensana alcanzou unha gran victoria que a coloca como nova CAMPIONA🏆 do torneo en individual feminino.


Noraboa a todos e a todas! Seguimos adestrando duro!💥💪🏼





2 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page