top of page
Buscar

TRES GALEGOS NA SELECCIÓN ESPAÑOLA ABSOLUTA

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton
Jacobo Fernández, Nikol Carulla e Lucía Rodríguez realizan un fantástico traballo coa selección española absoluta

A pasada fin de semana tiveron lugar as fases clasificatorias para o Campionato de Europa que será en Polonia do 14 ao 18 de febreiro. A selección feminina firmaba a súa presencia nesta nova gran cita con dúas galegas nas súas filas. Nikol e Lucía, que compartían equipo nada máis e nada menos coa tricampiona do mundo e campiona olímpica Carolina Marín, axudaron en gran medida a conseguir o pase ao Europeo. As nosas conseguían un

tres de tres a favor disputándose a praza fronte a Italia, Suecia e Luxemburgo.


A cara triste da moeda nesta ocasión, foi para a selección masculina, que non logrou o pase ao Europeo tras perder no último encontro pola mínima ante Holanda. Jacobo Fernández, do CB Cíes, foi o encargado de representarnos e deixar moi alto o nivel da selección absoluta.


Noraboa a todos e a todas!🔥






 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page