top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB17 IBIZA

IZIAR BARCALA CORÓNASE COMO NOVA CAMPIONA DE ESPAÑA SUB17


A volantista estradense foi a mellor na modalidade de individual feminino sen conceder nin un set.


Esta fin de semana os volantistas galegos dábanse cita en Ibiza nun dos torneos máis importantes da tempada, o Campionato de España Sub17. Con todo por decidir, o venres día 10 comezaban os primeiros partidos.


As alegrías non tardarían en chegar, Xoel Álvarez e Adrián Rodríguez do CB Athlos e CB As Neves superaban os cuartos de final asegurándo a medalla de bronce e confirmando o seu pase as semifinais, ronda na que caerían tras un gran partido que non poideron culminar.


Á súa vez, Adrián facía un gran papel na modalidade de individual masculino onde quedaría as portas da medalla no partido de cuartos de final que se decidía pola mínima no terceiro set a favor do seu rival.




A gran noticia do fin de semana chegaba da man da xogadora do CB A Estrada, Iziar Barcala, que tras caer en primeiras rondas das modalidades de dobles mixtos e dobles femininos, arrasaba en individual feminino proclamándose Campiona de España Sub17.

Iziar foi quen de non ceder unha sola manga en toda a competición demostrando así o gran nivel de forma no que se atopa.


Mencionar especialmente a todos os adestradores e adestradoras que traballan cos nosos para conseguir que melloren e aprendan día tras día, grazas por todo o esforzo realizado e por levar ao máis alto o bádminton galego.


Por outra banda, gustaríanos destacar o gran equipo que forman estos rapaces e rapazas e o unidos que se atopan, todo un orgullo para o bádminton galego e ademáis, unha mostra de que hay que seguir traballando unidos para lograr grandes éxitos. Moitas felicitacións a todos e a todas!




24 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Comments


bottom of page