Gran fin de semana en Montilla onde os nosos volantistas Sub17 fixeron un gran papel sumando un total de 10 metais ao medalleiro galego.
Comezando polo Máster N1, o pontevedrés Raúl Bergua, e o do CB Athlos Xoel Álvarez, ocupaban o primeiro e o segundo peldaño do podio respectivamente culminando unha actuación estelar de ambos.🥇🥈 Xoel Álvarez e Adrián Rodríguez, lograban o ouro en dobres masculinos deixando unha gran pegada no torneo. 🥇
Na modalidade de individual feminino, Sara del Castillo, xogadora do Club del Mar de San Amaro, alcanzaba un novo bronce tras plantar cara a grandes figuras da categoría🥉. O mesmo farían as ourensanas Paula Casas e Lucía Cid en dobres feminino onde sumaban un bronce moi merecido. 🥉
Xa en dobres mixtos, os do Ravachol Raúl Bergua e Carmen Carro conseguían a prata en dobres mixtos compartindo o podio cos terceiros clasificados do CB Athlos, Gael Rodríguez e Beatriz López. 🥈🥉
No Máster N4, Paula Casas do CB Athlos lograba a terceira posición en individual feminino🥉 e Darío Míguez (CB A Estrada) e Sara del Castillo colocábanse segundos en dobres mixtos. 🥈
Ademáis Nicolás Davila (Escola Rosalia) añadía a décima medalla en individual masculino subindo ao segundo posto🥈
Noraboa a todos e a todas por estos grandes resultados! 🔥
Comentarios