top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

A ESTRADA ACOLLE UN INESQUECIBLE CAMPIONATO DE ESPAÑA SÉNIOR DE RECORD

O Campionato Nacional Sénior chegou ao seu fin coa consecución de novos récords e unha celebración chea de emocións. 🎉 Despois de máis de 400 partidos, pechouse cunha emotiva entrega de premios aos deportistas sénior. 🏸


O Campionato Nacional Sénior de 2024 será lembrado polo seu récord de participantes, con 329 deportistas, e pola introdución da categoría "Super Veteranos ++" para atletas maiores de 75 anos. 🏆 Porén, máis aló dos números, este evento deixou unha impresión indeleble, que culminou cunha emotiva entrega de premios tras máis de 400 partidos que marcaron a gran cita do deporte senior. 🌟


Gustaríanos destacar a gran labor do CB A Estrada na súa organización e a todas e a todos os voluntarios que axudaron a deixar preparadas as instalacións. 🙌 Non cabe dúbida de que sen esta labor, non houbese sido posible celebrar un evento de tal magnitude. 💪

O venres e o sábado foron dous días intensos cheos de centos de partidos e miles de momentos memorables. O domingo, ademais dos partidos finais e a coroación dos gañadores, estivo cheo de emocións por varios feitos salientables. 🌞


No acto de entrega de medallas e trofeos estivo presente o primeiro presidente da Federación Española de Bádminton e presidente de honra, José Luis Vila. 🏅 Vila recibiu un merecido recoñecemento pola súa contribución ao deporte. Ademais, destacouse a colaboración da nosa entidade; A Federación Galega de Bádminton, dirixida polo nosos presidente Rodrigo Sanjurjo. Ademáis, Tamén estiveron presentes a Federación Española de Bádminton, dirixida por Andoni Azurmendi, así como o apoio do Concello da Estrada, integrado polo alcalde Gonzalo Louzao e o concelleiro de Deportes, Ismael Pena. Tamén se celebrou o 30 aniversario do Club Bádminton A Estrada, dirixido polo seu presidente Jesús Pereiro. 🎂


O acto estivo cheo de sentimentos, entre os que destacou a homenaxe a Juan Antonio Rodríguez, xogador do Club Bádminton Cedeira, falecido recentemente e fervente seguidor do deporte e habitual destes campionatos. O premio foi entregado no seu nome á súa muller, Hilda Martínez, que se mostrou moi ilusionada.


No eido deportivo, ademais de recoñecer aos gañadores das distintas categorías, tamén se entregaron os insignes Premios Iberdrola Planeta Sénior Feminino, Iberdrola MVP, MVP Planeta Senior Masculino e Planeta Sénior Masculino. Recibiron os seus galardóns Montserrat Sánchez do Club Bádminton Coruña-Oleiros, Catherine Stewart do Club Bádminton Bianconero, Santiago Freire do Club Bádminton Cedeira e José Carlos Padilla do Club Bádminton Ciudad de Salamanca. 🏆


Ademais, entregáronse premios aos mellores clubs da competición na categoría sénior, recoñecendo o desempeño conxunto dos equipos. Esta distinción, que se presentou en 2023, busca destacar os clubs con mellores resultados nos campionatos nacionais sénior, asignando puntos das semifinais (1 punto por semifinalista, 2 puntos por finalista e 3 puntos por campión). Nesta edición, o CB Bianconero mantivo o seu título de 2023, seguido do CB Leganés e o CB Albacete. 🥇


Estes torneos confirmaron que o bádminton é un deporte que abarca todas as idades, como demostra o seu constante aumento de popularidade. O número de participantes seguiu aumentando desde que a pandemia reduciu a asistencia en 2020. A edición de 2021 superou a marca de 257 participantes, establecida en 2012 en Santander, e en 2022, con 287 participantes, alcanzouse un novo máximo en Xixón. A edición de 2023 contou con 322 inscricións, superando unha vez máis o número de participantes, demostrando o continuo interese dos deportistas sénior por participar. 📈


Ademais do récord de participantes, este campionato presentou unha novidade adicional ao incorporar a categoría “Super Veteranos ++” para maiores de 75 anos, na que participaron 6 xogadores na modalidade individual masculina. Na competición participaron Carlos Martínez do CB Xátiva, Ramón Quiroga do CIES, Julio Fernández do CB Athlos, Jesús Prieto, Anil-Kumar Bhardwaj e Luciano Martínez do CB San Fernando Valencia, ademais de Rose Ávila do Sant Pere de Benissa, quen ten 82 anos e é a xogadora máis maior. 🌟


En nome da Federación Galega de Bádminton queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todos os deportistas, adestradores, árbitros, voluntarios, patrocinadores e afeccionados que fixeron posible esta proba. A vosa enerxía e o voso compromiso son os piares sobre os que se constrúe a nosa comunidade. Estamos moi orgullosos de ver como o bádminton segue medrando e prosperando en Galicia e en toda España. NORABOA! 🙌



PODIUM CAMPEONATO DE ESPAÑA SENIOR 2024
.zip
Descargar ZIP • 368.98MB





37 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page