Austrian Open 2025🏆
- Federación Gallega de Badminton

- 26 may
- 1 Min. de lectura
🏸O bádminton galego pechou a súa participación no Austrian Open 2025 cunha excelente nova: o ouro en dobres mixto conquistado por Lucía Rodríguez e Rubén García.
A parella asinou un torneo impecable, culminado este domingo con dúas vitorias contundentes. Primeiro superaron con autoridade as semifinais contra os taiwaneses Hung e Lin (21-16 e 21-9). Xa na final, impuxéronse aos indonesios Prasetyo e Munggaran nun encontro moi igualado (21-17 e 21-18), proclamándose campións e confirmando o gran momento que están vivindo nas súas carreiras deportivas 🏆
Ademais, Jacobo Fernández, acompañado por Alberto Perales, acadaron os oitavos de final en dobres masculino, onde foron eliminados tras un gran torneo 👏
Lamentablemente, Nikol Carulla e Rodrigo Sanjurjo non puideron competir por baixa 🤕
Con este magnífico resultado en Graz, o bádminton galego e español seguen consolidando a súa presenza no panorama internacional 🔥
Noraboa! 🙌










Comentarios