A pasada semana foi unha verdadeira proba de fogo para Lucía Rodríguez e Nikol Carulla, competindo no prestixioso YONEX German Open en Alemaña. Lucía, xunto ao seu compañeiro Rubén García, amosaron un nivel extraordinario ante a parella danesa número catro do torneo, Vestergaard/Bush. A pesar de loitar con intensidade, non puideron levar a vitoria, caendo por un axustado marcador. Estiveron á beira de dar a sorpresa, pero finalmente cederon ante a parella alemá Jansen/Nguyen por 22-20 en ambos sets.
No YONEX German Open, participou tamén a xogadora galega Nikol Carulla, que disputou a modalidade de dobres femininos. Aínda que loitaron con moita garra, non puideron pasar da ronda de trintaidosavos.
Sen descanso, Lucía pon rumbo a Francia para competir no Orleans Masters Bádminton, outra cita de talla mundial.
👏🏼 ¡Parabéns a ambas!


Comments