
Concentración Nacional Sub15 e Sub17
- Federación Gallega de Badminton
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
🏸 Finalizou no CAR de Madrid a concentración nacional de tecnificación Sub15 e Sub17, desenvolvida do 22 ao 25 de maio dentro do programa Team España Futuro, unha aposta polo talento e a formación integral das novas xeracións do bádminton nacional 🇪🇸
Durante estes días, 20 deportistas e 11 técnicos de diferentes comunidades traballaron conxuntamente en sesións técnicas, metodolóxicas e formativas, que incluíron temas como nutrición, psicoloxía deportiva, expresión corporal e loita contra o dopaxe. Un enfoque completo para preparar aos xogadores dentro e fóra da pista 💪
📍Galicia estivo representada por catro deportistas cheas de proxección:
Sara del Castillo, Inés Poncela, Xulia Otero e Maia Freire 👏
Esta semana continúa a actividade co seguimento doutros deportistas e, desde o xoves, coa incorporación das promesas Sub11 e Sub13.
Seguimos sumando experiencias e medrando como equipo! 💙
Comentarios