Gran ambiente nunha nova edición da Copa Galicia de Clubes celebrada en Coruña esta fin de semana. Comezando pola categoría Sub15, as rapazas do Club do Mar foron as mellores clasificadas despois de vencer nunha final moi igualada ao CB As Neves. Mentres que o Escola Rosalía facíase coa medalla de bronce. Os rapaces do CB Athlos foron os gañadores na modalidade masculina que terían ao Escola Rosalía e ao Club del Mar como segundos e terceiros clasificados respectivamente. 🏸
Na categoría absoluta feminina, voltarían ser as xogadoras de clube ourensán as que subirían ao posto máis alto do podio seguidas polo Escola Rosalía e polo Club del Mar. Na modalidade masculina, o CB A Estrada tomábase a revancha fronte o CB As Neves e lograba a medalla de ouro tras atoparse na fase de grupos. O CB Athlos consagrouse como terceiro clasificado. 💪🏻
Finalmente, otorgáronse varios premios como os MVPs do torneo (Guillermo Valdés, Inés Poncela, Angela Soto e Raúl Bergua) ou ao clube con máis participación, logrado polo CB Athlos. Noraboa a todos os clubes e participantes! 🔥
Kommentare