top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

COPA GALICIA DE CLUBS

O pasado sábado día 1 de xullo, os clubes galegos desprazáronse ata a cidade de Ourense na procura de ser o mellor equipo de comunidade.


Na categoría feminina, o CB Athlos logrou a Primeira posición🏆 despois de xogar varios encontros de infarto.


O Club del Mar de San Amaro caería na final fronte as vencedoras nun encontro que se decidiría pola mínima (2-3). Desta maneira leváronse a medalla de prata🥈 para casa.


Os dous equipos semifinalistas foron o Cb As Neves e o CB A Estrada, os cales conseguiron a medalla de bronce e puxéronlles as cousas difíciles aos equipos de arriba.


Na categoría masculina, o CB A Estrada proclámase campión🏆 superándo ao CB Athlos na final.


O Club del Mar e o CB Tui subiron tamén ao podio para recoller as respectivas medallas de bronce🥉


Finalmente, o CB Athlos foi nombrado como mellor equipo galego mixto🏆 por diante do CB A Estrada 🥈, do club del mar e do CB Tui🥉.


Noraboa a todos e a todas e tamén a todos os equipos participantes! 💙🤍💥



15 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page