top of page
Buscar

COPA IBERDrOLA DE CLUBES 2023

Foto del escritor: Federación Gallega de BadmintonFederación Gallega de Badminton

O Club Bádminton Athlos acudiu a unha nova edición da Copa Iberdrola de Clubes Feminina disputada en Toledo.


O equipo formado polas xogadoras da provincia de Ourense comezaba dando un golpe na mesa derrotando ao Astures por 4 a 1, mentres que, no seguinte encontro toparíanse cun dos clubes a batir; o I.E.S. La Orden, co cal caerían por 1 a 4.


Xa na fase final do torneo, o San Fernando Valencia non daría opción ás nosas que encaixaron un 0 a 3 en contra. Isto condenaba ao CB Athlos a loitar por un quinto posto que se disputarían ante o Soria.


As volantistas galegas non foron quen de derrotar ás súas rivais, logrando así a sexta praza do campionato. Noraboa e felicitacións a todas as xogadoras e tamén ao corpo técnico! A seguir mellorando!🔥


 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page