top of page
Buscar

Fin de semana histórica para o bádminton galego no Máster Senior de Medina del Campo! 🏸🏆

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 7 abr
  • 1 Min. de lectura

Esta fin de semana vivimos un auténtico espectáculo deportivo en Medina del Campo, onde os nosos volantistas galegos deron todo un recital de entrega, nivel e paixón polo bádminton 💪🏼🔥.


Foi un torneo intenso e emocionante, onde Galicia deixou pegada con grandes resultados e momentos para lembrar ✨🙌🏼.


Entre os logros máis destacados, queremos felicitar especialmente ao Bádminton Club Coruña, recoñecido como:

👑 Club con máis mulleres participantes

👥 Club máis numeroso do torneo

Un orgullo que reflicte o traballo, a constancia e a forza do noso deporte na nosa terra 💙🏸.


Desde a Federación Galega de Bádminton, enviamos a nosa máis sincera noraboa a todos os xogadores e xogadoras que participaron, e moi especialmente a aqueles que subiron ao podio 🥇🥈🥉, sumando medallas e facendo comunidade.


Que o bádminton senior siga medrando así, sendo exemplo de compromiso, saúde, compañeirismo e referencia para outros deportes 💫🫶🏼.




 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page