top of page
Buscar

🏸 Intensidade e gran nivel no TOP TTR Sub13/Sub17 celebrado en Vigo

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • hace 2 días
  • 1 Min. de lectura

Este sábado celebrouse en Vigo unha nova edición do TOP TTR Sub13 e Sub17, unha xornada marcada pola intensidade, o bo ambiente e un nivel competitivo que confirma, unha vez máis, a excelente saúde do bádminton galego 💪🏽.


Na pista puidemos ver tanto a volantistas xa experimentados nestas competicións como a moitos xogadores e xogadoras que participaban por primeira vez, ofrecendo en todos os casos un rendemento notable e moitas ganas de seguir medrando.


Os partidos foron moi igualados, con sets intensos e puntos longos e disputados, que fixeron as delicias tanto do público asistente como dos propios deportistas. O compromiso e deportividade foron protagonistas en cada pista.


📍 A organización, como é habitual, estivo a un nivel excelente da man do CER Vigo, que volveu demostrar a súa capacidade para acoller eventos desta categoría con eficacia e coidando cada detalle.


📢 Parabéns a todas as persoas participantes polo esforzo, e grazas aos clubs, técnicos, árbitros e familias por facer posible unha nova xornada inesquecible!





 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page