top of page
Buscar

inés poncela campiona no internacional de bélxica

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 1 abr 2024
  • 1 Min. de lectura

A xogadora galega Inés Poncela (Club del Mar) proclámase Campiona🥇 en individual feminino da Victor Jot - U15 2024 que se disputa en Edegem - Bélxica 🇧🇪 dende o pasado día 30. Inés realizou un torneo excepcional logrando vencer a xogadoras de alto nivel e facéndose cun dos títulos máis prestixiosos da categoría. Torneo que disputaron numerosos xogadores e xogadoras que agora mesmo se atopan na élite mundial deste deporte.


Tras numerosos partidos que se resolvían pola mínima na terceira manga, Inés demostrou casta de Campiona deixandoo todo na pista e loitando ata o derradeiro punto. Isto fixo que que os partidos máis igualados se decantansen ao seu favor. 💪🏻


Ademáis, Inés disputaría a modalidade de dobres mixtos na que non lograría acadar o pase a seguinte ronda. Marta Álvarez, do CB As Neves, lograba alcanzar a ronda de dezaseisavos de final en dobres feminino xunto a asturiana Belén Soto e en dobres mixtos non superaría a ronda de trintaedousavos. Por último, en individual feminino caería na primeira ronda do torneo. 🏸


Torneo con moi bos resultados e sempre deixando o bádminton galego no máis alto, o que quere decir que vamos ben encamiñados. Imos Galicia!🔥


 
 
 

Comentarios


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png

Financiado pola Xunta de Galicia - Secretaría Xeral para o Deporte, a través do Convenio de colaboración coas federacións deportivas galegas para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva para o ano 2025

bottom of page