Fin de semana de bádminton en estado puro, onde os nosos volantistas viaxaron ata Huelva e Leganés onde se celebraron os dous grandes torneos da xornada.
Comezando polo MASTER n1-n4 Sub 19 Palos de la Frontera, os resultados non tardaron en chegar:
No torneo categorizado como N4, Iker Rodríguez do CB As Neves coroábase como campión🏆 en individual masculino dando un fantástico nivel e pondo a guinda no pastel nunha final moi igualada. Bo papel faría tamén nesta mesma modalidade Mateo Rey, o coruñés quedaría as portas da mismísima final nun partido de semifinais categorizado tamén de infarto. 🥉
En N1, Iziar Barcala (CB A Estrada) e Carmen Carro (Bádminton Pontevedra) ocuparían respectivamente a primeira e a segunda posición en individual feminino sumando duas novas medallas. Ademáis, xuntas añadían un bronce en dobres feminino.🥇🥈🥉
Raúl Bergua, do Bádminton Pontevedra facía o propio en individual masculino cunha actuación excepcional que lle otorgaba o primeiro posto🥇. Mentres tanto, Iker Rodríguez e Pablo Alfaya (Escola Rosalia) lograban ser os terceiros clasificados en dobres masculinos colgando o bronce ao pescozo. 🥉
✈️ Viaxando ata Leganés, a historia non foi moi diferente, houbo grandes resultados como os seguintes:
No torneo N4, a dupla formada por Alexia Pérez e Sara Sanjurjo (CB Tui e Bádminton As Pontes) lograba superar a ronda de semifinais e meterse na final, a cal finalmente non poideron gañar pero si loitar e deixalo todo na pista.🥈
No torneo N1, a gran protagonista foi a xogadora do Club del Mar, Inés Poncela. Como xa nos ten acostumados últimamente, Inés logrou o triunfo en individual feminino e, non satisfeita, conquistaba tamén o de dobres feminino xunto a María García. Simplemente ABRAIANTE 🏆🏆
Maia Freire (Club del Mar) caía nas semis de individual feminino facendo un moi bo papel tendo en conta que aínda pertence a unha categoría menor. A mesma condición que a súa compañeira Xulia Otero (CB As Neves) coa que logrou un bronce en dobres feminino. 🥉🥉
Finalmente, en dobres mixtos, Sara Sanjurjo e Raúl Molina compartían o posto de semifinalistas cos nevenses Iago Álvarez e Marta Álvarez, añadindo dous bronces máis ao medalleiro do fin de semana. 🥉🥉
Unha vez máis, solo nos queda dar a noraboa a todos os medallistas, aos non medallistas que loitan por facelo cada día mellor e a toda a familia do bádminton galego que fai posible obter estos resultados! Lumee!🔥
Comments