Grandes resultados por parte dos equipos galegos que disputaron esta fin de semana a última xornada de liga desta tempada en Granollers (Barcelona). Con todo aberto para os nosos, o CB As Neves buscaba a salvación para manterse un ano máis na categoría e o CB Athlos, con opción de medalla, buscaba subir ao podio.
A competición daba inicio a mañá do sábado con victoria para os nevenses pola mínima (4-3) ante o CB Oviedo B, un resultado que aínda non aseguraba a permanencia pero que os deixaba moi preto. Pola parte do CB Athlos o primeiro encontro non lograría imporse ao Ibiza (2-5). Xa pola tarde, os resultados serían favorables para os nosos aínda que ambos encontros decantáronse pola mínima. As Neves aseguraba así matemáticamente a súa continuidade na primeira ouro un ano máis e o CB Athlos decidiría no último encontro fronte ao CB Palma. Finalmente, o resultado foi desfavorable para os de Ourense por 2-5 polo que rematarían nunha fantástica 4ª posición.
Dende a Federación Galega de Bádminton, felicitamos a ambos equipos e para o ano máis e mellor! LUME🔥
Σχόλια