A nevense Lucía Rodríguez, antiga integrante do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, viaxou ata Dinamarcapara reunirse coas mellores raquetas do mundo 🌍🏸. Xogadores do nivel de Viktor Axelsen ou Akane Yamaguchi estiveron presentes nun torneo no que Lucía, lograba pasar aos oitavos de final de dobres mixtos xunto a Rubén García tras doblegar aos seus rivais nos dezaseisavos 💪.
Cun nivel de xogo abraiante 🔥, plantaron cara aos cabezas de serie número 6, estirando o partido ata a terceira manga, onde os daneses serían mellores levándose o encontro por 11-21.
En dobres femininos, Lucía e Paula López caerían en primeira ronda fronte ás tailandesas 🇹🇭, nun partido que se decidiría na terceira manga e pola mínima (18-21).
Dende a Federación Galega de Bádminton mostramos o noso máximo orgullo 🏅 polo gran papel realizado por Lucía e desexámoslle moita sorte 🍀 para os futuros eventos!
Comments