top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Lucía rodríguez bronce en portugal

Caldas da Rainha acolleu dende o pasado 6 de marzo un novo torneo internacional onde os nosos e as nosas volantistas acudiron para deixalo todo na pista. Lucía Rodríguez, sería a gran protagonista do fin de semana. Xunto coa súa compañeira Paula López desplegarían un nivel abraiante para meterse en semifinais de dobres feminino e voltando coa medalla de bronce do torneo, todo un éxito para a xogadora nevense. Xunto a Rubén García, perderian o seu partido de octavos de final. 🏸💪🥉


Ana Nóvoa e Nikol Carulla caían na ronda de clasificación de individual feminino con resultados parellos, mentres que, Nikol e Rodrigo Sanjurjo disputaban o dobles mixtos caendo en segunda ronda pola mínima na terceira manga.


Rodrigo, xunto a Adolfo López lograban chegar a octavos de final en dobres masculinos, ronda na que non poideron superar a parella de China Taipei. Jacobo Fernández e Daniel Franco chegaban un paso máis alá, alcanzando a ronda de cuartos de final na que non poideron doblegar aos seus rivais ingleses e quedando a piques dun novo bronce internacional. 🥉🤞


Por outra parte, o seu irmán Gabriel Fernández non superaba a primeira ronda clasificatoria tanto en individual como en dobles con Antonio Iglesias, o cal seguiría o mesmo camiño xunto Ana Nóvoa en dobres mixtos.


Noraboa a todos e a seguir! 🎉👏👍






6 visualizaciones0 comentarios
bottom of page