top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

MAIA FREIRE E XOEL ÁLVAREZ DOMINAN EN VILLANUEVA DE LA VERA

🥇🥇Maia Freire (Club del Mar) e Xoel Álvarez (CB As Neves) proclamáronse esta fin de semana novos Campións do Máster Sub13 N1 de Villanueva de la Vera na modalidade de individual.


Tras demostrar un nivel de xogo excepcional sobre o tapiz, ambos xogadores subiron ao máis alto do podio para recoller as suas medallas de ouro, sumándo ademáis duas pratas en DX e DM facendo parella con Xavi Freire (Club del Mar) e Álvaro Gómez (CER Vigo) respectivamente. 🥈🥈


Por último, as irmáns Lemos do CB Ponteareas sumaban outros dous bronces. Eva Lemos en dobres mixtos, xunto a Eneko Rodríguez, e Inés Lemos formando parella con Lucía Pérez en dobres feminino. 🥉🥉


Concluía así o torneo con seis medallas galegas e dando a conocer a gran proxección destes xogadores que comezan a asentar as súas carreiras deportivas. Noraboa! 🔥




15 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page