top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

Nikol e Rodrigo rozan as medallas en malta

Do 4 ao 7 de abril, Malta foi escenario dun apaixonante torneo de bádminton catalogado como “Future Series”, onde os xogadores do As Pontes Badminton Club, Nikol Carulla e Rodrigo Sanjurjo, luciron con excelentes resultados.


Na categoría de dobres mixtos, Nikol e Rodrigo formaron un equipo formidable, chegando aos cuartos de final do torneo. Nesta rolda, desafiaron a unha parella italiana nun enfrontamento emocionante, pero desafortunadamente caeron en duas mangas moi disputadas, cun axustado marcador de 21-19 nos dous sets.


Por outra banda, Nikol Carulla tamén demostrou a súa habilidade na categoría de individual feminino, pasando aos oitavos de final. Con todo, nesta fase do torneo, volveu enfrontarse a un duro rival e viviu unha derrota similar á do dobres mixto.


Rodrigo Sanjurjo, xunto ao seu compañeiro Adolfo López en dobres masculino, tamén deixaron unha notable impresión ao derrotar ao número 2 en dous emocionantes sets. A pesar da súa gran vitoria, en oitavos de final, perderon no terceiro set ante os seus adversarios.


O compromiso de Nikol, Rodrigo e todo o bádminton galego son dignos de recoñecemento. A súa actuación neste torneo internacional demostra o seu talento e dedicación, parabéns a ambos polo seu gran papel e que sigan remando e traballando duro para acadar novos éxitos no futuro! 🏸🌟





54 visualizaciones0 comentarios
bottom of page