top of page
Buscar

NOVENAS DO MUNDO🏸⚡️

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • 16 oct 2021
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 21 nov 2021

As nevenses Ania Setién e Lucía Rodríguez proclámanse novenas do mundo coa selección española absoluta.



España pechou a súa participación na Copa Uber , o Campionato do Mundo por equipos femininos, cun resultado histórico. A seleción dirixida por Arturo Ruiz e Ernesto García firmou un pelexado triunfo ante Escocia na terceira xornada da fase de grupos da competición (3-2) e remata como novena mellor seleción do mundo, un resultado que nunca se lograra antes.


As nevenses Lucía Rodríguez e Ania Setién foron partícipes deste gran resultado e aportaron o seu graniño de area para que o equipo nacional chegara a acadar este


obxectivo. As xóvenes deportistas de 18 e 19 anos, deixan claro o nivel tan elevado que están a demostrar e que nesta mesma liña poden alcanzar resultados históricos para o bádminton galego e nacional.


Animámosvos a que sigades adestrando duro e se aínda non practicaches este deporte contacta connosco e disfruta co Bádminton!





 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page