top of page
Buscar

🥇 O bádminton galego fai historia no Campionato de España Absoluto e ParabádmintoN 

  • Foto del escritor: Federación Gallega de Badminton
    Federación Gallega de Badminton
  • hace 2 días
  • 2 Min. de lectura

Galicia regresa de Castela-A Mancha cun balance histórico de 12 medallas no Campionato de España Absoluto e Parabádminton, nunha edición que destaca especialmente polos brillantes resultados nas modalidades de dobres, reflexo do gran traballo que se está a realizar na nosa comunidade. Este éxito reafirma o bo momento do bádminton galego, cunha xeración de xogadores e xogadoras que continúa a medrar e a competir ao máximo nivel. Seguimos confiando no proceso e na formación de novos volantistas, convencidos de que o futuro do noso deporte segue avanzando con forza cara ao máis alto. 🏸💪🥇


Entre os logros máis destacados brilla o dobre campionato de Lucía Rodríguez, que conseguiu o ouro en dobre feminino xunto a Clara Arzurmendi e tamén en dobre mixto con Rubén García. Un doblete histórico 🥇🥇 que premia o intenso traballo destes meses e a súa excelente progresión.


Tamén tiveron unha actuación destacada Rodrigo Sanjurjo e Nikol Carulla, que acadaron a prata en dobre masculino e dobre feminino, respectivamente, e compartiron un bronce en dobre mixto. Resultados que confirman o seu alto nivel competitivo nunha edición esixente e con gran participación.


Os irmáns Fernández, logo dunha tempada marcada polas lesións, lograron un bronce moi especial en dobre masculino, pechando o curso cunha recompensa merecida e deixando un gran sabor de boca para o futuro.


No apartado de parabádminton, tamén houbo auténticas fazañas:


🏆 Manuel García proclamouse campión de España en individual masculino SU5, demostrando o seu dominio na categoría.


🥈 Daniel García e Carlos Vázquez (Club Athlos) acadaron a segunda e cuarta posición en individual SL4.


🥈 Ignacio Fernández logrou a prata en WH1-WH2 individual.


🥇 Manuel García e Pablo Serrano proclamáronse campións de España en dobres SL3-SL4-SU5-SH6.


🥇 Ignacio Fernández e Francisco Motero fixeron o propio en dobres WH1-WH2.


🥈 E novamente, Manuel García acadou a prata en dobres mixtos SL3-SL4-SU5-SH6 xunto a Bolaji Mariam.


📢 Parabéns a todos e a todas, non só polos magníficos resultados, senón pola actitude, esforzo e compromiso que amosades en cada competición. Galicia continúa sendo referencia nacional tamén nas categorías absolutas e de parabádminton.


Seguimos deixando o nome do bádminton galego ben alto, sumando éxitos e consolidando un proxecto sólido e cheo de talento. 💙🏸






 
 
 

Comments


image.png
  • White Facebook Icon
  • White Twitter Icon
  • White Instagram Icon
  • White YouTube Icon
Recurso 1.png
bottom of page