top of page
Buscar
  • Foto del escritorFederación Gallega de Badminton

OS GALEGOS CONQUISTAN CARTAGENA CON 13 MEDALLAS

GALICIA CORÓASE CON 9 OUROS DE 10 POSIBLES NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB19 E SUB11

A pasada fin de semana tivo lugar en Cartaxena o campionato de España Sub 19 e Sub11. Ata alí desprazáronse numerosos volantistas de distintos clubs da nosa comunidade autónoma. As cifras que obtivo o noso equipo non teñen sentido, unha vez máis, Galicia volve ser historia, conquistando nove categorías das dez posibles. E non só iso, tamén sumou catro medallas a maiores para rematar coa escalofriante cifra de 13 metais.


Dende a Federación Galega estamos facendo un gran esforzo e traballando con paixón e entrega, para que cada vez sexan máis os deportistas que poidan chegar lonxe no mundo do bádminton. Estes resultados fannos súper orgullosos, tanto de todo o traballo realizado como dos nosos nenos e nenas que levan o Bádminton galego polo mundo.


CIFRAS HISTÓRICAS

A continuación deixámosvos a crónica que resume a gran fin de semana que tiveron os nosos en Cartaxena:


Na categoría Sub11 obtiveron récord de resultados, todas as modalidades foron conquistadas por xogadores galegos acadando un total de 5 medallas de ouro, 1 de prata e 2 de bronce. Uns números que dan medo, con estas pequenas promesas, se seguen traballando e esforzándose como o fan, temos o futuro do bádminton galego cen por cen asegurado.


Inés Lemos, do CB Ponteareas, proclamouse dobre campioa de España nas modalidades de individual e dobres feminino xunto coa súa irmá e compañeira Eva Lemos, dunha categoría aínda inferior e que vén de ser campioa galega sub-9. Ademais, por se fose pouco, Eva logrou o bronce en individual feminino.


Ademais, Inés acadou a medalla de prata en dobres mixtos con Xoel Álvarez, que faría unha incrible actuación levando o ouro en Individual Masculino e Dobres Masculino con Álvaro Gómez. Álvaro acadou o terceiro posto en individual e proclamouse campión de España en dobres mixtos con Telma Ruso como parella.


RODRIGO E NIKOL DOMINAN O BÁDMINTON ESPAÑOL

Nikol Carulla volve facer o imposible e gaña un triplete histórico para o bádminton galego, a xogadora formada no centro de tecnificación de Galicia, logrou o ouro en tres modalidades (individual feminino, dobres feminino e dobres mixtos). Non quedaría atrás o seu compañeiro Rodrigo Sanjurjo, logrando un dobre soñado cun ouro en dobres masculino e en dobres mixtos coa mesma Nikol.


Aínda que a categoría individual masculina Sub19 foi a única que non conquistaron os galegos, estivo moi ben representada por Basilio Porto, que estivo a piques de chegar á final, regresando coa medalla de bronce ao pescozo.


Esta fin de semana escribimos unha páxina máis na historia da Federación Galega, grazas polo traballo interesado no deporte e desinteresado polo resto, de moitos adestradores, animadores, pais de clubs e adestradores, como disfrutamos e sufrimos.


GALICIA SUMA E SEGUE!🔥💙⚡️🏸








300 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

CAMPIONATO GALEGO SUB11 E SUB19

Gran xornada de bádminton en Teixeiro, onde houbo un gran ambiente e unha gran organización por parte do CD Hydra, que proclamou aos novos campións galegos. Dende a federación galega de bádminton feli

Comentarios


bottom of page